Consumir é unha necesidade ineludible do ser humano, o que non é natural e o consumo desenfreado que leva a cabo as sociedades occidentais a cal se basea en producir e consumir. Moitas persoas poden pensar que máis e mellor e que menos resulta frustante , iso é debido a que confunden cantidade de cousas con calidade de vida. Ter menos posesións en certo modo implica algunhas privacións sen embargo pode ser unha liberación para convivir máis coas outras persoas e gozar do tempo libre. Aínda que hoxe en día case todo esta condicionado polo poder económico, xa que se queres aproveitar o teu tempo libre para realizar unha actividade ou viaxar terás que dispor dun certo nivel económico. Realmente a eficacia da idea do decrecemento radica na concienciación das persoas en encontrar a satisfacción e a felicidade na relación cos outros e non buscala nos ingresos.
A idea de decrecemento implica saír do modelo económico que nos fai dependentes do consumo excesivo e redefinir a idea de riqueza. E sobre todo esta idea so se pode levar a cabo nos países occidentais sendo a nosa situación un exemplo aos países do sur do que non deben facer para acabar cos recursos naturais. Debemos ser máis conscientes de que estes recursos se esgotan se non se usan con “cabeza” e non coa intención de malgastar pensando que sempre os haberá.
Publicado por: Carolina Palomanes Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario